Varios son os motivos que me levan a escribir esta nova entrada, o primeiro é que tenho tempo libre no curro!!
Xa que nada máis chegar e, coma sempre revisar a caixa de correo, descubrín que o mundo tivo o marabilloso detalle de esquecerse de min por un día …
Así que paseando por internet atopei a noticia da folga das axencias publicitarias belgas…una folga virtual!! Nun primeiro momento pensei que era unha patochada moderna… e lidando no tema recordei que estamos a poucos días do que será o 25 aniversario da primeira Folga Xeral Nacional, un dato do que lido nalgunha publicacion (sen dúbida da nacionalista da minha nai) non era nin consciente de que ocupaba un recuncho na minha cabeza…as veces sorpéndome a min mesma!!!
Fora esta de 1984 (flash mental de poucos segundos que me leva a relacionar esta data coa obra de Orwell…kontrol de masas, descontento social…ummm deixa que pensar esta asociación inconsciente…) unha folga que provocada polo desmantelamento do sector industrial, que afectaba especialmente ó sector naval, supuxo un fito propagandístico nese momento.
Como mudaron as cosas dende aquela…
Quen lles ía a dicir a aqueles obreiros ou ós que en 1932 se levantaran en contra das medidas de Azanha que os seus netos e bisnetos estarían máis enganchados ó facebook que ó tabaco? Que pasan cada vez maís tempo en internet xa sexa por ocio ou como ferramenta imprescindible do seu traballo?
E como dicía a filosofia matemática...Se P entonces Q...e tomando como P que a publicidade na rede conseguiu situarse como a terceira en facturación durante o ano pasado…
TRES HURRAS POLAS AXENCIAS BELGAS!!
Coido que tiveron unha idea caralluda…nesta época 2.0 vexo moi pouco probable que unha bolseira galega en CZ se tivera enterado de que os traballadores do sector sairan a rúa berrando consignas como: Tres son multitude!! *
*Huelga virtual de las agencias en Bélgica
Piden que se respete el código deontológico y no se presenten a concursos en los que se hayan convocado a tres agencias.
N.T.: Enténdase o nh como un dano colateral dos teclados checos.
Miñanaiqueridacomocorreotempo!!!
ResponderEliminarAmarilúsestatenunhamentepriviliexadaeomundononsabeoqueseperde!!!